Somos unha publicación de periodicidade mensual orientada a informar sobre a actualidade de carácter social, económico e político da Comarca do Deza.
Esta publicación leva máis de 15 anos ininterrumpidos ofrecendo un servizo a tódalas institucións e veciños da comarca. Trátase dunha publicación de carácter aberto e independente, onde calquera pode expoñer ou dar a coñecer as súas inquedanzas.
Coa posta en funcionamento desta páxina tratamos de ampliar o seu acceso a tódalas persoas interesadas neste medio de comunicación.