> Vila de Cruces |Xullo 2026

O 7 de agosto arrancan catro días de festas da Piedade 2026

Todo está preparado en Vila de Cruces para a celebración deste ano das festas patronais. A Piedade 2026, que ten este ano un cartel festivo con programación desde o venres 7 de agosto ata o luns 10. Como é tradición, as festas da Piedade arrancarán o venres coa cea de peñas na Praza do Concello, á que seguirá o “chupinazo” que dará comezo ás festas e un festival de DJ,s que porá música a esta primeira xornada festiva en Vila de Cruces.

 

Xa o sábado 8 de agosto a actividade festiva comezará pola mañá co pasarrúas a cargo do grupo “Vai Nela” de Salgueiros. Ás 13 horas está prevista a primeira das misas solemnes na honra de Nosa Señora da Piedade con posterior procesión polas rúas do casco urbano, acompañada pola música de “Vai Nela” de Salgueiros. Xa pola tarde celebraráse a XIX edición do tradicional Rali de Carretillas e ás oito e media haberá un concerto da Unión Musical Ponteledesma. A partires das doce da noite chegará a música á Praza do Concello da man da “Banda Versións Anos 80” e de “Los Extraños Pasajeros”.

 

O domingo 9 de agosto, día grande da festa, o pasarrúas da mañá correrá a cargo da Banda Artística de Merza. Ás 13 horas oficiaráse unha misa solemne seguida de novo da procesión e un concerto da Artística de Merza, que volverá a actuar ás oito e media da tarde para a veciñanza de Vila de Cruces con Miguel Torres e Luís Rey. Pola noite, a partires das doce e media, a verbena chegará a Vila de Cruces da man da orquestra “Panorama City” e o posterior disco móbil de “Eme Music” con Carlos López. O luns día 10 comezará á mediodía o pasarrúas da man do grupo de gaitas Punteirolo, seguido da misa solemne. Ás oito da tarde haberá concerto do grupo “Xuntounos Ela” e ás once e media da noite verbena coa orquestra “Los coleguitas” e o disco móbil “Chocolate”.

> Silleda |Xuño 2026

Amplo programa musical, gastronómico e familiar nas Festas do Verán de Silleda

Silleda celebrará este ano as Festas de Verán do 9 ao 12 de xullo. A programación arrancará o xoves 9 de xullo, ás 21:00 horas, co tradicional chupinazo, amenizado polo grupo Supermirafiori na Praza Siñor Afranio. A partir da medianoite terá lugar a primeira gran verbena, coa actuación de París de Noia, acompañada polos DJ Carlos López e Bacardi. O venres 10 de xullo o protagonismo será a tradición e a gastronomía. Durante a mañá haberá actuacións do grupo de gaitas Aires do Trasdeza, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, que amenizará a tradicional desgustación do mediodía xunto co grupo de Gaitas e Acordeóns da Escola de Música de Silleda e da charanga Os Atrevidos. Pola tarde continuará a animación con Os Atrevidos e coa Banda de Música Xuvenil de Silleda.

 

Ás 22:00 horas celebrarase a XXVI Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural O Lacón, que contará coa música de Mariachi Sol de Galicia. A partir da 01:00 horas, a verbena estará amenizada pola Orquestra Panorama City e o DJ Unai. Este é só o arranque dunhas Festas do Verán que contan este ano cun amplo programa musical, gastronómico e familiar.

Sete ofertas para a construción de 17 vivendas de promoción pública en Lalín

A Xunta de Galicia recibiu 7 ofertas de empresas para as obras de construción de 17 novas vivendas de promoción pública en Lalín, licitadas por case 3,3 millóns de euros, segundo informou o goberno galego nun comunicado. Estes futuros fogares construiranse en solo cedido polo Concello de Lalín e financiaranse con fondos autonómicos, aseguran desde a Xunta de Galicia.

 

En concreto, aseguran desde a Xunta que estas vivendas situaranse nunha parcela do Agro de Lalín de Arriba cedida gratuitamente polo Concello. Prevese a construción dun edificio con 17 vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, nunha contorna residencial consolidada e ben comunicada, dotado de condicións de accesibilidade, calidade e eficiencia enerxética, incorporando sistemas como aerotermia na cuberta e paneis fotovoltaicos.

 

Os novos fogares contarán con cualificación permanente, estando destinadas aos inscritos no Rexistro de Demandantes no Concello de Lalín, tanto veciños como persoas que traballan no municipio e desexen establecerse nel, contribuíndo así a fixar poboación, explica a Xunta de Galicia nun comunicado. O Goberno galego, afirma no mesmo comunicado que avanza no seu compromiso para duplicar o parque público residencial en Galicia, cunha folla de ruta que fixa o obxectivo de acadar as 8.000 vivendas públicas no 2028 e as 10.000 no horizonte de 2030, en colaboración cos concellos e co sector, para garantir o acceso da cidadanía a un fogar digno e accesible.

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Calzada 11, 4º B - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es