> Vila de Cruces|Xaneiro 2026
> Redacción
O Concello de Vila de Cruces e a Xunta de Galicia supervisaron este mes de decembro as obras que se están a levar a O alcalde de Vila de Cruces, Luía Taboada, e as concelleiras de Xuntos polo noso concello Mireya Otero e Noemí Lois estiveron este mes de xaneiro presentes na feira internacional de turismo Fitur de Madrid. Neste evento punteiro no mercado turístico internacional que cada ano acolle o Ifema en Madrid, unha representación do Concello de Vila de Cruces encabezada polo alcalde asistiu a diferentes presentacións do sector do turismo, tanto a nivel galego como dentro da oferta turística na provincia de Pontevedra.
Luís Taboada e as concelleiras Otero e Lois tomaron nota en Fitur de cara á celebración da vindeira Semana Verde de Galicia, en Silleda, na que anunciaron que o Concello de Vila de Cruces volverá este ano a contar cun stand promocional propio. O turismo é, no Concello de Vila de Cruces, un dos eidos de promoción nos que traballa o goberno local de cara a potenciar a actividade económica e a proxección do municipio, co obxectivo do aproveitamento dos recursos paisaxísticos, etnográficos, gastronómicos e termais que conforman a oferta turística local.
Experiencias turísticas
En Fitur en Madrid o alcalde e as concelleiras cruceñas asistiron no stand de Galicia a numerosos actos promocionais, tamén aos que este ano levou a cabo a Deputación de Pontevedra inseridos dentro da oferta de turismo de costa e interior que ofrece a provincia. No caso de Vila de Cruces, desde o goberno local traballan co obxectivo promocional posto na vindeira Semana Verde de Galicia, onde cada ano o concello leva a cabo labores de divulgación e promoción das festas gastronómicas locais, os establecementos hostaleiros e turísticos adheridos ao selo de calidade e a promoción do galo de curral de Vila de Cruces como elemento central e atractivo turístico.
A oferta de ocio e desfrute de Vila de Cruces conta ademais co atractivo termal dos Baños da Brea ademais do valor patrimonial que representan a oferta de monumentos no concello e o histórico e museístico de espazos como o Poboado Mineiro.
> Redacción
O Concello de Vila de Cruces vén de anunciar para o vindeiro 4 de febreiro a celebración da XXXIII Festa do Chourizo, un evento que congrega cada ano máis de 200 persoas na degustación de balde dos primeiros chourizos da tempada. A cita será este ano, como xa é tradicional, coincidindo coa primeira feira do mes do entroido, na carpa situada na praza do concello onde a partires das 12 do mediodía haberá chourizos, pan, auga e viño para todos os asistentes.
O produto empregado nesta festa ten garantida a calidade das carnicerías locais. Os cruceños teñen apuntada esta xa tradicional data no calendario, que só se viu alterada pola pandemia da covid e tamén no ano 2024, cando se trasladou ao 18 de febreiro por coincidir coas celebracións veciñas da Feira do Cocido de Lalín e o Entroido de Merza.
Máis de 750 chourizos
As cifras de chourizos que baralla esta festa superan máis de 750 unidades de chourizos asados na mesma praza, que no ano 2023 chegaron a esgotarse ás dúas horas de comezar a celebración, cando a festa cumpría 30 anos. O alcalde de Vila de Cruces e seu goberno local presentaron este mes de febreiro a data e o cartaz que este ano compaña a celebración, logo de converterse xa nun clásico das festas gastronómicas cruceñas de inverno.
Na presentación da festa deste ano o Concello animou á veciñanza a asistir de novo a este espazo de encontro e convivio municipal, que coincide coa celebración da feira do día 4 de cada mes. Son moitos as veciñas e veciños que aproveitan o día das compras na feira para achegarse até a praza a compartir e degustar este produto que na zona e pola época da matanza goza de grande aceptación entre a veciñanza.
Ademais dos chouirizos na praza, o feito de ser día de feira garante aos asistentes a presenza dos postos das polbeiras para completar o día gastronómico.