> Deputación |Agosto 2025

A Deputación de Pontevedra reforza diversos investimentos 

O pleno do organismo provincial aprobou unha modificación de crédito de 1,4 millóns para varias áreas

> Redacción

A Deputación de Pontevedra aprobou no último pleno antes do período estival unha modificación de crédito de preto de 1,4 millóns de euros para financiar proxectos de eficiencia enerxética, así como actuacións nos eidos da cultura, o deporte ou o turismo.

 

Co voto favorable dos deputados do grupo popular, a abstención do BNG e o voto en contra do PSOE, déuselle luz verde a estes novos investimentos, que repercutirán en cuestións como os cinco proxectos postos en marcha baixo o paraugas de +Renovables (934.000 euros), a adquisición de bens e servizos en campionatos ou eventos deportivos (100.000 euros), melloras no Centro Príncipe Felipe (73.000 euros), entre outras cuestións que inclúen axudas a diversas actividades culturais e deportivas que teñen lugar na provincia. O pleno tamén deu luz verde a cuestións relativas á mellora das infraestruturas de titularidade provincial como o proxecto construtivo de obras de mellora da mobilidade peonil na EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada-Rodo-Brántega, en Lalín, dotado de máis de 600.000 euros.

 

Tamén no apartado de colaboración cos concellos, o pleno deu visto bo á aprobación inicial da Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos da provincia de Pontevedra (OTAC), un servizo pioneiro en Galicia que prestará servizos de ciberseguridade aos pequenos concellos. 

Luis López apela a un rural con oportunidades e actividade económica para evitar futuros incendios

Mouriscade acolleu a VII edición da Escola de Novos Gandeiros

> Redacción

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, apelou en agosto por un rural con futuro e á actividade económica que xera a gandería no medio como unha das receitas para a prevención dos incendios forestais. Na inauguración da sétima edición da Escola de Novos Gandeiros que impulsa o organismo provincial na Finca Mouriscade en colaboración coa Federación Frisona Galega, o Club de Xóvenes Gandeiros e o Concello de Lalín, o presidente da Deputación volveu lanzar unha mensaxe de solidariedade con todas as persoas afectadas polos lumes o pasado mes de agosto. Nas instalacións da Finca Mouriscade, Luis López deu a benvida aos participantes da sétima edición desta Escola de Novos Gandeiros. Unha iniciativa que volveu ser un éxito de participación, con 26 asistentes, mozos e mozas das catro provincias galegas, así como doutros lugares de España como o País Vasco e Madrid, para coñecer ao longo dunha semana o funcionamento dunha explotación gandeira co obxectivo de dar continuidade ao sector e facer fronte ao reto demográfico. Reafirmou o compromiso da Deputación para seguir colaborando no impulso ao sector agrogandeiro da provincia.

> Deputación |Decembro 2024

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Calzada 11, 4º B - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es