> Lalín|Maio 2025

O Concello de Lalín habilita tres aparcadoiros disuasorios con máis de 6.000 metros cadrados

O Concello de Lalín está habilitando un novo aparcamento disuasorio entre as rúas Rodo e Ponte de máis de 800 metros cadrados, para facilitar o estacionamento nunha zona con alta presión na procura de aparcadoiros para vehículos. O concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitou este mes de maio as obras que se están a acometer nunha parcela municipal situada na mazá que conforman as rúas do Rodo, Acibos e Xazmíns (xunto á antiga serra de Marcelino) para habilitar a totalidade da parcela como un aparcadoiro disuasorio cunha capacidade de arredor de medio cento de vehículos.

 

Non é a única actuación sobre bolsas de aparcamento que está acometendo o goberno lalinense, que anunciou que cando estean rematados os traballos en vindeiras semanas, estarán habilitados tres aparcadoiros disuasorios –na contorna do edificio Manuel Rivero, debaixo do Xulgado e na zona do Rodo–, totalizando máis de 6.000 metros cadrados que se unirán aos estacionamentos de balde dos que xa dispón Lalín no Parking Europa e no Campo da Feira. Esta medida servirá para dar servizos ao concello e ao mesmo tempo aliviará o tráfico no casco urbano de vehículos na procura de aparcamentos.

> Silleda|Abril 2025

Arranca en Silleda o plan de mellora integral de vías

O  Concello de Silleda vén de poñer en marcha en abril os primeiros trámites para executar o ambicioso plan de mellora integral de vías cun investimento total para este ano 2025 de máis de 1,7 millóns de euros. Como primeiro paso, o goberno local vén de rematar o proceso de contratación das obras de mellora viaria nos lugares de Toiriz, Toxa e Costela, lugar este último da parroquia de Margaride, ao que se presentaron dúas ofertas. Este será o primeiro dos proxectos do plan de mellora integral de vías que se materializará este ano con cargo ao préstamo por valor de 1.750.000 euros, -con cargo aos remanentes municipais- froito do acordo de toda a Corporación Municipal, segundo informaron desde o goberno local.

A empresa Taboada y Ramos resultou adxudicataria da actuación por un total de 204. 294,65 euros, incluindo melloras na sinalización e relativas tamén ao mobiliario urbano. A día de hoxe xa se iniciaron tamén os trámites para a contratación doutros proxectos de mellora viaria ao abeiro deste Plan, mediante procedemento aberto simplificado. As actuacións chegarán tamén ás parroquias de Chapa, Rellas, Xestoso, Cira, Piñeiro, Ponte, Abades, Dornelas e Manduas.

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Calzada 11, 4º B - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es