ENTREVISTAS

> Silleda |Decembro 2016

Entrevista a Julio Cacheda, propietario da empresa Agrícola Cacheda

“Somos pioneiros na fabricación e montaxe de instalacións á vista, que dan máis dinamismo”
“O día en que a globalización sexa unha realidade poderemos producir máis”

Julio Cacheda é un deses empresarios galegos feito a si mesmo. Logo de traballar por conta allea durante 11 anos, “un día independiceime e aí estamos”, asegura ao lembrar que a súa empresa, Agrícola Cacheda, leva xa aberta ao público en Silleda máis de 12 anos. Logo desta andaina, na que asegura que a súa empresa sempre foi a máis cun crecemento sostido, conta con tres traballadores fixos e unha facturación anual que ronda os 500.000 euros.
Agrícola Cacheda da un servizo de comercialización de produtos que busca sempre mellorar e acadar a maior eficiencia posible, así en servizos coma a inseminación artificial ofrécelles aos seus clientes un produto que conta cunha distinción coma referente mundial na materia. Julio Cacheda é un deses empresarios galegos que sabe o importante que é o sector primario para fixar poboación no rural, e está comprometido con que así siga sendo.

 

P.- ¿Cales son os servizos máis demandados dos que ofrece Agrícola Cacheda?
R.
- Dentro das necesidades do mercado, o tema do engorde do porcino, tamén en reformas cos novos materiais que permiten axilizar moito os procesos e buscamos ademais un mellor servizo con vistas ao futuro noutros aspectos que van aparecendo en necesidades emanadas das novas lexislacións. Eu fun pioneiro no emprego e a instalación “á vista”, nas conducións de augas, as baixantes de acero inoxidable. En Agrícola Cacheda somos pioneiros ademais na fabricación e montaxe das divisións nas naves de tratamento animal, combinando acero inoxidable con PVC.

 

P.- Este xeito de construír, ¿qué beneficios ten para os seus clientes?
R.
- Dálle un maior dinamismo ás instalacións, porque en caso de avarías están localizadas a simple vista e a reparación é cousa de media hora e así a instalación non ten que parar de producir. Nós intentamos ser moi prácticos dentro da calidade, sempre pode haber unha avaría, pero o resultado de aplicar estas técnicas son de melloras cuantiosas e menores custes para os nosos clientes.

 

P.-Se tivera que resumir o que Agrícola Cacheda ofrece aos seus clientes ¿qué destacaría?
R
.- Agrícola Cacheda naceu dando un servizo de produtos sobre todo vinculados á inseminación artificial, e aí seguimos. Levamos a distribución de Magapor, un referente mundial, sobre todo na inseminación porcina, un referente pola calidade dos nosos produtos, que tamén son apreciados en países coma Italia, China, México ou Brasil.

 

P.- ¿Cómo se presenta o futuro para o sector no que traballa Agrícola Cacheda?
R.
- Eu penso que coma en calquera sector o futuro depende do mercado. O día que a globalización sexa unha realidade, con competitividade nos custes de produción está aínda lonxe. Pero o día en que estes custes de produción sexan máis iguais se podería producir aquí máis do que se está producindo. 

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Arenal 1 Entrechán - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es

O Periódico | Lalín e Comarca en redes sociales :