> Cultura |Decembro 2017

Máis dun 30% das intervencións de Patrimonio poderán ser validadas dende os concellos

Este texto desenvolve a nova Lei do patrimonio cultural autonómica.

> Redacción

A Xunta de Galicia publicou este mesmo mes de decembro no Diario Oficial de Galicia unha instrución relativa ao trámite de autorizacións nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento de aplicación para a totalidade de concellos galegos.
Trátase dunha instrución negociada coa propia Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que vai a posibilitar que un mínimo dun 30% das autorizacións que antes tiñan que pasar pola Dirección Xeral de Patrimonio xa non precisen deste trámite. Este texto procura unha maior axilidade e unha seguridade xurídica para as persoas interesadas e as administracións implicadas.
Máis polo miúdo, o obxecto da instrución é desenvolver o criterio de interpretación sobre o réxime de autorizacións en materia de protección do patrimonio cultural e, dunha forma concreta, que actuacións sobre bens inmobles protexidos polo seu valor cultural ou, de ser o caso, nos seus contornos de protección ou zonas de amortecemento, non requiren da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por non supoñer afección ningunha, nin poñer en risco os valores culturais protexidos. 

 

Desenvolvemento
Así mesmo, dende o goberno galego lembran que no proceso de desenvolvemento que leva a cabo a Consellería de Cultura da Lei de Patrimonio Cultural. O obxecto da instrución é desenvolver o criterio de interpretación sobre o réxime de autorizacións en materia de protección do patrimonio cultural é dunha forma concreta, que actuacións sobre bens inmobles protexidos polo seu valor cultural ou, de ser o caso, nos seus contornos de protección ou zonas de amortecemento, non requiren da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por non supoñer afección ningunha, nin poñer en risco, os valores culturais protexidos.
Trátase dunha instrución negociada coa propia FEGAMP que describe o ámbito de aplicación para identificar as intervencións que non precisan dunha autorización previa en materia de patrimonio cultural en bens inmobles protexidos e describe a casuística completa ao respecto. 

O Museo De Belas Artes revisa as interpretacións da obra do lalinense Alfonso Sucasas

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou a mostra, que poderá visitarse ata o 25 de febreiro.

> Redacción

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou este mes a exposición Alfonso Sucasas. Unha revisión, que repasa a traxectoria do pintor lalinense e busca unha nova mirada sobre as interpretacións dadas á súa obra. No marco da súa intervención, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia salientou a pintura de Sucasas como unha demostración auténtica de vitalidade e galeguidade, na man dun artista que “humedecía os seus pinceis nas súas emocións”.
Román Rodríguez lembrou que Sucasas é o creador dunha das imaxes de marca máis potentes e primixenias dos produtos de Galicia, a concha da vieira de Galicia Calidade, “símbolo e esencia do Camiño milenario de Santiago e tamén presente na imaxe do Xacobeo”. A súa obra, de dimensión internacional pero apegada ás súas orixes, converteuno nun dos mellores intérpretes artísticos da realidade galega, sinalou.
O conselleiro quixo felicitar ao comisario, Miguel Fernández-Cid e ao Museo de Belas Artes polo traballo realizado, así como agradecer a todas as persoas e entidades que fixeron posible a exposición, na maioría dos casos cedendo as pezas que a conforman. Román Rodríguez rematou convidando a visitar a mostra, que devolve a Sucasas ao circuíto expositivo galego e sitúao no lugar privilexiado da creación galega que lle corresponde.

 

Unha nova mirada
A mostra nace co obxectivo de buscar novas interpretacións sobre o traballo do pintor, coñecer mellor os postulados da súa obra, os seus intereses e as súas inquedanzas, coincidindo co quinto cabodano do seu pasamento. Para iso, analízanse de novo datos biográficos, cartas, entrevistas... do artista e repásanse os seus temas e iconografía, e mesmo algúns traballos pouco coñecidos dunha ampla traxectoria de máis de 50 anos de produción artística.
A exposición está conformada por 64 obras, entre pinturas e debuxos, datadas entre 1957 e 2010, entre as que destacan obras de grande formato como o autorretrato do pintor, cedido pola súa viúva María Espinosa; As ofrecidas da Lanzada ou o Tríptico dos peixes. 

Contacto

Director Xerente: Manuel Núñez Fiuza

Deseño e maquetación: Bearisa
Colaboradores: Iago Mouriño, Bartolo Landiño, Tomás Troitiño,
David Devesa, Luis Lince, Pedro Carrio, Manuel Estévez e González Bearisa.

Administración-Publicidade: Rúa Arenal 1 Entrechán - Lalín.
Tlf.: 986 780 615986 780 615 • Fax: 986 780 615 • Móvil: 625 120 810625 120 810
e-mail: manuelfiuza@gmail.com

 

www.lalinecomarca.es

O Periódico | Lalín e Comarca en redes sociales :